Toda esta fin de semana celébranse en Canido a Festa dos maios con diferentes actividades de pasarúas, música, atraccións, xogos populares, feira de entidades,etc
Nós achegámonos este xoves á Inauguración da exposición de maquetas do noso amigo Carlos Macías, e a asociación de veciñas/os de Canido convidounos a unha merenda interxeracional.
As iniciativas deste barrio e desta asociación son inmellorables!