Ver todos los artículos
8 May 2019 | Noticias

INFORME DE BIODIVERSIDADE 2019 .ESTAMOS DEVORANDO O PLANETA

INFORME DE BIODIVERSIDADE

ESTAMOS DEVORANDO O PLANETA

A HUMANIDADE ESTÁ EN RISCO

Este luns a Plataforma Intergubernamental sobre a Biodiversidade e os Servicios Ecosistémicos(IPBES) presentou un informe no que expón que un millón das 8 millóns de especies animais e vexetais existentes están ameazadas de extinción e poderían desaparecer en só unhas décadas se non se toman medidas urxentes e decisivas.

O INFORME AÑADE:

  • Ao redor do 25% das emisións de gases de efecto invernadoiro son causadas polo desmonte, a produción de cultivos e a fertilización, e os alimentos de orixe animal contribúen nun 75% a esa cifra.
  • Cada ano captúranse 5,6 xigatoneladas de emisións de CO2 nos ecosistemas mariños e terrestres, o que equivale ao 60% das emisións mundiais de combustibles fósiles.
  • As pequenas explotacións non só axudan a manter unha rica biodiversidade, senón que tamén contribúen máis, por hectárea, á produción mundial de cultivos e á subministración de alimentos que as grandes explotacións: +/-30%: a produción mundial de cultivos e a subministración mundial de alimentos realízase en pequenas explotacións.
  • O 68% do capital estranxeiro destinado aos sectores da soia e a carne de vacún (líder na transformación da Amazonia) canalízase a través de paraísos fiscais.
  • En 2015, calcúlase que nos países da OCDE destináronse 100.000 millóns de dólares de axuda financeira á agricultura que pode ser prexudicial para o medio ambiente.
  • Estímase que case un terzo da superficie forestal mundial perdeuse en comparación cos niveis preindustriales.

Dende DomusVi Ferrol dedicamos este ano a reivindicar o coidado do medio co inicio dun proxecto de educación ambiental; o noso obxectivo e participar en tódalas accións que se fagan na comunidade en relación ao medio ambiente, e intentar concienciar á nosa contorna con diversas actividades, ademáis de incluir na dinámica do día a día accións coherentes co que predicamos.

 

Comezamos xa a colaborar con INSERTEGA, empresa adicada ao reciclado de roupa, pois o consumo excesivo de roupa e a política de comprar, tirar, comprar, é un dos efectos maís perxudiciais para o ambiente. https://insertega.org/web/

Recomendámosvos o documental “The True Cost” https://truecostmovie.com/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos