En DomusVi Ferrol, dentro do noso proxecto de Medio Ambiente unímonos ao fenómeno global que busca eliminar o lixo dos espazos naturais.
O #TrashtagChallenge consiste en recoller o lixo que tiran outros para minimizar o impacto que os seres humanos temos sobre o Medio.
Este sábado fixemos a primeira de moitas recollidas; e o espazo escollido foi a praia de Doniños; quedámonos abraiadas da cantidade de bastonziños que nos atopamos ao longo da praia, a maior cantidade de lixo era, evidentemente, plásticos que o mar bota cara as praias cando sube a marea; se este plástico non é recollido volve cara o mar facendo un perxuizo enorme ás especies deste ecosistema.