O 15 de Maio celébrase o día das familias, e como é costumbre en DomusVi Ferrol facemos festa rachada. Nesta convocatoria unimos a celebración das familias coas letras galegas e como idea central da festa fíxemos unha feira do produto galego, invitando ás familias a traer o seu produto favorito para merendar. Nós invitamos á empanada, que con moito xeito fixemos pola mañan!
A nosa amiga Obdulia Luaces realizou unha demostración da elaboración de queixo, e Jose Manuel Fernández unha demostración de como se fai o pan.
Foi unha tarde moi completa, con música, baile, e moita, moita comida!Moitas gracias coma sempre pola participación das familias de DomusVi Ferrol, por que son inmellorables!