Dende DomusVi Ferrol levamos todo un ano tomando medidas de acción positiva para a mellora do medio ambiente; son moitas as accións que puxemos en marcha, como a redución de plásticos na institución, a promoción de valores ambientais cos centros educativos da nosa contorna, a promoción das 3 Rs, reducción, reutilización e reciclaxe,etc
A última acción desenvolvida, dentro do programa de participacón social e da liña de educación ambiental, levouse a cabo na praia de Caranza, coa colaboración do CEIP Recimil e Colexio LaSalle; tratouse da limpeza da praia deste barrio de Ferrol, poñendo especial fincapé na recollida de plásticos que o mar devolve ás praias; o obxectivo principal era que os pequenos dos centros educativos tomasen conciencia do perxudicial que é tirar lixo onde non corresponde, e o urxente que é reducir o consumo de plásticos e de materiais que non se biodegradan.
Foi unha xornada moi productiva, e aínda que a praia parecía bastante limpa, gracias á colaboración dun grupo de voluntarios/as que pasean tódolos días pola praia facendo batidas para recoller o lixo, os balados, as zonas do arredor da praia e as liñas de marea, estaban cheas de pequenos prásticos.
Este é o segundo trashtag challenge dende DomusVi Ferrol, e non pararemos de participar deste tipo de accións, por que o medio ambiente é o máis importante!