Ver todos los artículos
22 Jun 2019 | Actividades Lúdicas , Opiniones

DomusVi Ferrol en busca das herbas de San Xoán

Hoxe fumos a facer a busqueda máis bonita do ano; adentrámonos no monte de Covas na busca das herbas de San Xoán para facer a auga e lavar a cara o 24 de xuño.

A auga feita coas herbas recollidas na noite de San Xoan ten propiedades máxicas debido á forza exercida polo solsticio de verán; a nosa tradición manda lavar a cara pola mañán para espantar ás meigas.

Irás ao abrente do día
a auga fresca catar
da auga do paxariño
que saúde che ha de dar.

Corre, meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che ten que dar.

Se arraiar,
se arraiará
tódalas meigas levará,
se arraiou,
xa arraiou,
tódalas meigas levou.

Peladas era
peladas serán
tódalas meigas
que andan polo chan.

Peladas son,
peladas eran
tódalas meigas
que andan pola terra.

AS 7 HERBAS

Fiuncho: executa os espíritos malignos e é particularmente contra o mal de ollo.

Fento macho: é venenoso. As lendas galegas «e tamén británicas» din que pola noite de San Xoán botan flor.

Xesta: é un arbusto sacro en Galicia. Usábase para facer escobas e varrer a casa de malos espíritos.

Abeloura ou herba de san Xoán: O refraneiro di que a «abeloura ou herba de san Xoán limpa a cara de grans». É unha planta especial contra o demo.

Malva: O refrán di: «Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar».

Romeu: Non abunda en Galicia. Crese que é a herba que protexe e purifica os fogares por excelencia.

Herba luísa: É unha herba especial para os amoríos. Asóciase coa festa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos