«Momentos dos que perduran»dixo Tere ao saír da EI de Esteiro; este ano foi un ano intenso cheiño de momentos divertidos na participación entre a nosa residencia e a Escola Infantil; a colaboración coa EI de Esteiro está dentro do noso proxecto de participación comunitaria, e pretende poñer en contacto e naturalizar as relacións entre pequenos e maiores; deixámosvos as fotos dunha das actividades con elas/es!