Ver todos los artículos
19 Jul 2019 | Noticias

Firmamos Convenio de colaboración con INSERTEGA

Seguimos dándolle forma ás actividades relacionadas coa Educación Ambiental, e un dos nosos principais conflitos era que facer con toda a roupa que se xera nunha institución como a nosa.

Fai uns meses atopamos a INSERTEGA, unha empresa que é capaz de aunar a ecoloxía e a inserción laboral a persoas en risco de exclusión social; esta idea de empresa vai moi en liña coa nosa forma de entender o mundo, polo que contactamos con eles e comezamos a colaborar.

Hoxe mismo firmamos un convenio de colaboración, e comprometímonos a darlles toda a disfusión posible, e a compartir cos nosos compañeiros/as de DOMUSVI a idea de colaboración con elas/es.

En breve INSERTEGA inicia unha nova campaña chamada KILO-ROPA, pola cal, INSERTEGA donará 1 kg de comida por cada 10kg de roupa donada, para calquer entidade social do entorno.

Deixámosvos o enlace á súa páxina para que entendades o por que da nosa colaboración:

http://insertega.org/web/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos