A nosa querida Otilia leva moito tempo deleitándonos coas súas croquetas, unha vez ao mes entra na cociña e prepara a súa masa especial, para volver tolos aos residentes e traballadoras/es de DomusVi Ferrol; é tanta a devoción que tódalas semanas acosan á pobre Otilia solicitándolle que faga CROQUETAS; tanto é así que OTI xa ten marca para as súas croquetas “As croquetas de Otilia”
Pasádevos por aquí a probalas. Podedes flipar!