Recentemente, DomusVi Cangas e o Clube de Atletismo Samertolaméu de Moaña renovaron o seu compromiso pola divulgación do envellecemento activo. Dábase a coñecer a semana pasada no xornal Faro de Vigo.
Esta semana, as novas veñen dende o Clube Samertolaméu. Catro atletas viaxaron ó outro lado do Atlántico para competir mañá as 09:30h (14:30h en España) no Maratón de Nueva York, un dos máis importantes do mundo.
A primeira Maratón de Nueva York, en 1970, levouse a cabo por 127 participantes. A día de hoxe supera as 50.000 persoas. Percorre os cinco barrios da cidade: Staten Island, Brooklyn, Queens, The Bronx e Manhattan. A saída ten lugar nos límites de Staten Island e remata no coñecido pulmón de Manhattan, en Central Park. En total, arredor dos 42 km.
Moito ánimo os nosos atletas!