En DomusVi Cangas aproveitamos a celebración do día das familias para que Miriam, a nosa psicóloga, fixera a presentación do libro «Soy fan de mi abuelo» en compañía dos nosos convidados especiais, Yaiza i Eugenio, protagonistas do libro.
O ano pasado a compañía DomusVi puxo en marcha unha iniciativa que consistiu na elaboración dun libro composto polas historias e relatos das netas e netos de persoas residentes dos centros DomusVi. Unha actividade interxeracional cargada de emotividade que reflexa a importancia e influencia das avoas e avós nas xeracións máis novas.
Trala presentación do libro, repartido entre os presetes, Yaiza compartiu o emotivo relato sobre o seu avó. En agradecemento a súa participación e compromiso coa iniciativa quixemos telo detalle de convidalos a un restaurante da zona para que sigan a sumar «relatos» en familia.