Ver todos los artículos
16 Jun 2020 | Jornadas de divulgación , Opiniones

Traballo contra o racismo e a discriminación en DomusVi Ferrol

«Ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, ou a súa orixe, ou a súa relixión. A xente ten que aprender a odiar, e se eles poden aprender a odiar, tamén se lles pode ensinar a amar, o amor chega máis naturalmente ao corazón humano que o seu contrario»

NELSON MANDELA

Esta semana comezamos a traballar en DomusVi Ferrol actividades sobre discriminación, xenofobia e racismo, a colación dos acotecementos que se están producindo en EEUU despois de que George Perry Floyd Jr. fora asesinado por un axente policial de Mineápolis(o axente arrodillouse  sobre o seu pescozo durante un arresto, presuntamente por entregar un billete falsificado de 20 dólares)

Esta nación quédanos lonxe, pero as condutas racistas e xenófobas existen, por desgracia, ao longo de todo o globo, e producen ataques violentos en tódalas nacións.

O racismo constitúe unha das principais ameazas para o funcionamento democrático da sociedade polo que débese seguir educando no respecto e na igualdade.

O sentir xeral das persoas maiores de DomusVi Ferrol é de total desacordo coas condutas racistas e de condena a calquer acto que supoña un perxuizo por diferenzas(xa sexa por etnia, relixión,sexo, IDADE…) pero son conscientes que esto está moi arraigado na sociedade e que hai que loitar contra elas sen descanso.

NÓS aplaudimos o  movemento de Black Lives Matter, por que TÓDALAS VIDAS IMPORTAN!

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos