O pasado Venres 24 terían comezo os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 que, por mor da pandemia do COVID-19, se aprazaron para o vindeiro ano 2021.
No mes de Maio, o seminario de Educación Fïsica de varios colexios da Mariña Lucense organizaron unha bonita actividade na que o alumnado recreaba estes xogos dende as súas casas. Por iso, dende Domus Vi Viveiro decidimos unirnos a esta fermosa idea e puxemonos mans a obra para pedir colaboración a centros residencias da contorna e conmemoraros xogos paralímpicos Tokyo 2020.
Foi unha bonita actividade xa que, ademais de ser intercentros; colaboraron: CDR San Ciprián; Residencia de maiores de Burela; San Bartolomeu de Xove; O Teu fogar de Foz e Betania de Viveiro; foi, tamén, unha actividade interxeneracional xa que, @s nos@s maiores puideron ver o vídeo dos máis miúdos e, pola contra, o alumnado veu a participación e implicación dos máis maiores.
Con esta actividade saímos da rutina na que entramos co confinamento e aillamento social consecuente, rimos durante a rodaxe e, porsuposto, á hora de ver o vídeo.
Por iso, queremos compartir con tod@s vos este fermoso vídeo que de seguro, tamén, vos sacará algunha carcaxada, pincha no enlace:
Non hai mellor forma de comezar a semana!!!