Como viña sendo habitual nos últimos veráns, o primeiro Xoves de Agosto tiña lugar en Domus Vi Viveiro o Encontro intercentros, nel, compartiamos unha xornada de convivencia e festa rachada, centros como Domus Vi Ferrol, Narón, Laraxe, Outeiro de Rei e Castro Ribeiras do Lea chegaban á nosa vila mariñeira cargad@s de enerxía para disfrutar dunha xa, tradición.
Este sería o Encontro número 8 e celebrariamos unha festa temática dos 90, a previsión era realizar un festival no que residentes e traballador@s caracterizados viviriamos unha xornada de música, «concertos» etc.
Nos anos anteriores celebramos unha festa de Galicia, Teatro, Medieval, Crucero, Danza, Musical e a última foi a volta ao mundo; sempre perfectamente caracterizados e metidos no papel, con desfiles, actuacions, vídeos, reportaxes, agasallos, etc e como non, comida especial no noso xardín.
É unha data especial que non poderemos deixar pasar, e é por iso que estamos preparando unha sorpresa, aínda que non podamos vernos… teremos un encontro…virtual…que será será????
Deixamos unha pista….