Chegadas estas datas, como en moitos outros Concellos, en Viveiro estariamos de celebración, xa que se celebran as festas patronais, San Roque.
Era habitual realizar saídas a merendar ao monte de San Roque, comidas especiais, actuacións, baile e, tamén, a saída para ver o pasarrúas dos cabezudos e actuación da banda Municipal.
Este ano, é un ano atípico, ao que ademais de adaptarse á nova normalidade, a non ver aos nosos seres queridos como e canto desexariamos, as celebracións son, tamén, diferentes.
E se Mahoma non vai á montaña, a montaña vai a Mahoma, por iso, esta tarde de Venres, uns cabezudos made in Domus Vi, bailaron ao ritmo de muiñeras polo noso centro facendo, así, un pasarrúas polas nosas instalacións.
Aquí vos deixamos mostra delo!!