https://youtu.be/sclz3_75d5s
Os lazos interxeracionais son unha ferramenta fundamental á hora de promover a autoestima
e a interacción das persoas maiores, ofrecendo, así, a oportunidade de pechar a fenda xeracional
e numerosos beneficios para ambas xeracións.
É importante aprender dos demais e comprender como falar e relacionarse con persoas de todas
as idades.
As actividades interxeracionais, tamén, promoven o respecto e a aceptación.
Por este motivo, na Domus Vi Viviero este tipo de actividades están sempre moi presentes,
especialmente durante o curso escolar.
Este curso será raro sen encher o noso calendario de actividades, colaboracións, proxectos...
cos coles e institutos da zona.
Sabemos que comeza unha etapa difícil para eles, chea de medos e inseguridades,
podemos entendelos moi ben, hai un certo paralelismo nas situacións que se presentan
en ambas institucións.
Por iso, quixemos facer este vídeo, recordando momentos xunt@s, momentos de calidade.
Contamos unha historia real e damos algúns consellos para volver á escola con seguridade.
Vai dirixido a todos os colexios e institutos que van a comezar curso esolar, especialmente,
aos do Concello de Viveiro que sempre nos abriron as súas portas e entraron polas nosas como
se fora a súa casa.
Pronto nos veremos, crearemos e disfrutaremos xunt@s!!!
ÁNIMO.