O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero para denunciar e erradicar a violencia que sofren as mulleres en todo o mundo.
A orixe do 25- N remóntase a 1981, cando o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe fixou este día para a concienciación e sensibilización acerca da violencia contra as mulleres, en conmemoración de tres activistas dominicanas.
Máis tarde, en 1993, a a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou oficialmente esta data como o día internacional contra a violencia de xénero, e emitiu por primeira vez a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller.
Cada ano son multiples as manifestacións en contra desta lacra que solo conseguiremos erradicar dando visibilidade e apoio ás víctimas e castigando ao agresor.
É fundamental a educación que lles damos aos nosos fillos e fillas, coeducando, educacar en igualdade.
Este ano, por mor da pandemia, non se sairá ás rúas, máis desde que se desatou o brote de COVID-19, os novos datos e informes que presentan quen está en primeira liña revelan que se intensificou todo tipo de violencia contra as mulleres e as nenas, sobre todo, a violencia no fogar. É a pandemia na sombra que crece no medio da crise da COVID-19 e necesitamos un esforzo colectivo xeneral para detela.
En Domus Vi Viveiro quixemos facer este vídeo que a continuación compartimos, é un playback da canción das Tanxugueiras «Que non mo neguen», este grupo de mulleres, artistas e compositoras que ademais teñen unhas fermosas voces, a través do seu talento crean letras que empoderan a muller, pois o tradicional pode ser, tamén, feminista.
Agardamos que vos guste!