Ver todos los artículos
10 Dic 2020 | Agenda de ocio

I MERCADILLO INVISIBLE SOLIDARIO.

SOLIDARIEDADE.

A solidariedade é un valor humano que consiste en axudar a outra persoa de maneira desinteresada, é dicir, sen esperar nada a cambio e sen ningún interese polo medio.

NADAL.

Son datas nas que compartimos tempo e alegrías c@s nos@s familiares e amig@s. Pero hai moitas persoas que as viven en soidade e/ou con moitas dificultades dende un principio ou ben por cambios circunstancias da vida.

Este sentimento de ledicia fai que cando nos acontece algo nas nosas vidas que impide celebrar estas datas como viña sendo habitual a tristeza sexa maior quedando ancorad@s na nostalxia.

O medo a ausencia de saúde, a soidade, ás ausencias, o emprego ou a falta del, o medo a non poder ofrecerlle aos más pequen@s algún agasallo por estas datas que tod@s viven con ilusión.. son algúns dos sentimentos que tamén afloran. Por elo, nestas datas a solidaridade é esencial.

CÓMO COLABORAR?

En Domus vi, Viveiro, celebramos cada ano un mercadillo solidario no que colaboran centros educativos, residenciais, institucións, asociacións e entidades diversas da contorna.

Nunha xornada de portas abertas na que se poñen a venta artigos artesanais realizados pol@s usuari@s de todos os centros colaboradores. Aquelas persoas que desexan colaborar acheganse ao noso centro para  mercan o seu artigo e tamén a disfrutar de actuacións  e un ambiente moi navideño.

Este ano sería a VII edición. Nun primeiro momento este mercadillo celebrabase a favor d banco de alimentos do concello de Viveiro xestionado por Aspanane, a continuación pasou a donarse o recaudado á campaña de xoguetes da cruz vermella. Pero, por razón que tod@s coñecemos, esta modalidade de mercadillo non se pode realizar, sen embargo, queriamos aportar, tamén, o noso gran de area, por elo, creamos o MERCADILLO INVISIBLE SOLIDARIO, no que colaboran:

  • RESIDENCIA DE MAIORES DE BURELA.
  • CPR LANDRO, VIVEIRO.
  • CONCELLO DE VIVEIRO.
  • DOMUS VI VIVEIRO.

en todos eles atoparás unha hucha ou peto no que podes facer o teu donativo e recoller a túa licenza solidaria, do 10 ao o 17 de Decembro para, así, o día 18 facer o reconto e donar integramente o recaudado a campaña de xoguetes da cruz vermella.

ESTE ANO MÁIS QUE NUNCA, precisase da nosa axuda.

Para saber en que consiste o mercadillo solidario, pincha neste enlace que te leva a un vídeo explicativo, tanto do mercadillo como da campaña de xoguetes da cruz vermella.

https://youtu.be/HYUNsQA3Ecs

 

 

 

 

Ver todos los artículos