Ver todos los artículos
17 Dic 2020 | Actividades Lúdicas

O APALPADOR EN TEMPOS DE PANDEMIA.

 O Apalpador.

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega orixinario das montañas do Courel e os Ancares.  Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestress, colleita mel e fai aparecer, coas ramas dos bosques e breñales, os xoguetes que as madeiras esconden. O 24 e o 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos e tócalles o ventre para ver se comeron suficiente durante o ano, e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.

Existen varios contos sobre este persoaxe, cada ano, polo nadal, en Domus Vi Viveiro recibimmos ao apalpador para pasar uns días antes de comezar o reparto do Nadal, aproveitando a súa visita ímos aos colexios da zona a contar un destes contos. Nembargantes, este ano, non podemos facelo deste xeito, pero, si, creamos a historia do apalpador en tempos de pandemia facendo así, un videoconto que lles fixemos chegar aos colexios da zona cos que sempre colaboramos.

Para que poidades, tamén, disfrutar desta historia, aquí vos deixamos o enlace no que premer para ver o Videoconto.

https://www.youtube.com/watch?v=NzCfCClKGEU&feature=youtu.be

Ver todos los artículos