E chegou, por fín, O ENTROIDO!
Fai un ano que celebrábamos esta data ao estilo da antiga normalidade, é dicir, por todo o alto, con desfile, actuacións, baile, saída no desfile polas rúas de Viveiro, visita aos coles da zona…en fín, festa rachada.
Xa adaptándonos a nova normalidade e aproveitando a tarde de sol, saímos ao noso xardín para facer o tradicional desfile do entroido.
Con mascarillas e distancia de seguridade, cada unidade nunha ubicación diferente, vimos pasar robots, uns modernos que agora chaman millenials, persoas galácticas e tamén redes sociais.
«Benvid@s á era dixital» é o noso lema neste 2021. Os últimos meses as novas tecnoloxías foron as nosas aliadas e queriamos rendir unha homenaxe a este medio que nos uniou ao exterior en tempos de pandemia. Manter os lazos sociais foi posible grazas ás videochamadas, publicacións de vídeos e fotos nas redes sociais coas que, tamén bailamos, cantamos, aprendemos, e tamén nos mantemos actualizados en canto a vidas alleas.
Seguimos con argalladas nestes días de entroido…