Os Premios Goya, son os galardóns outorgados de forma anual pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, coa finalidade de premiar aos mellores profesionais en cada unha das distintas especialidades do cinema español.
No 2017, en Domus Vi, Viveiro, tivemos a sorte de ter no noso centro unha desas prezadas figuriñas xunto a outra dos premios Mestre Mateo.
Alberto Vázquez, achegouse para falar con nós nunha extensa entrevista realizada por residentes do centro, xunto á súa avoa, Balbina, residente do centro naquel enton, quen presumía orgullosa do seu neto. Recibimolo nunha particular alfombra vermella e photocoll incluído para logo ir xunt@s ao cine e ver «Psiconautas, los niños olvidados» o filme polo que fora galardonado.
Un fermoso recordo que hoxe queremos compartir con vós.