«» As nenas crense menos brillantes ca os nenos a partir dos 6 anos».
Con este titular déronse a coñecer os resultados dun estudo recente publicado na revista Science, que concluía que os estereotipos de xénero limitan as espectativas das nenas dende a máis tenra infancia.
Este libro, quere achegarlles ás nenas, tamén aos nenos, a vida de doce galegas que conseguiron vencer as barreiras que lle estaban impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes.
Foron pioneiras en diferentes ámbitos, en Galicia e tamén fóra; e algo moi importante, valiosas polo que conseguiron facer e non por como son.
Doce mulleres, pero poderían ser máis, que aínda que non aparezan tamén están presentes.
Para construir a nosa propia imaxe, as persoas necesitamos espellos nos que mirarnos, que nos permitan crer en nós mesmas, que nos fagan voar. «
Estas verbas podemos lelas na primeira páxina de Pioneiras, de Anaír Rodríguez e ilustracións de Nuria Díaz.
En Domus Vi Viveiro empregamos este fermoso libro para conmemorar este 8 de Marzo recreando a doce mulleres galegas que abriron camiño.
Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Mulleres reais ao igual que as nosas residentes e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.