Ver todos los artículos
15 Mar 2021 | Actividades Lúdicas

ÁNGELES ALVARIÑO. OCEANÓGRAFA.

Ángeles Alvariño. 

A única científica española entre os 1.000 máis importantes de todos os tempos é esta galega que se especializou na saúde dos mares.
Ángeles nacía o 3 de outubro de 1916 en Serantes, Ferrol. Era filla do médico do pobo e dunha pianista. Desde moi pequena xa demostraba gran inquietude intelectual e aos tres anos xa sabía ler.
En 1933, tras estudar en distintos centros educativos en Ferrol, terminaba o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Considerada a científica galega máis importante da historia, esta oceanógrafa, zoóloga e profesora é a única científica española que aparece na “ Encyclopedia of World Scientists”, obra na que se enumeran aos 1000 científicos máis importantes de todos os tempos, e na que só figuran tres españois, os Nóbel Severo Ochoa, Ramón e Cajal e esta galega.
Foi a primeira muller en participar como científica nun buque de investigación oceanográfico británico, está considerada unha das maiores especialistas do mundo no seu campo, descubriu máis de vinte novas especies mariñas e demostrou que a presenza dalgúns tipos de zooplancton na auga era o mellor indicador para coñecer a saúde dos nosos mares.
Esta é a historia de María de los Ángeles Alvariño González, a pioneira galega que revolucionou o Océano, un mundo de homes ao que ela levou a súa luz.
Lectura: Pilar Nieto; Figurante: Carmen.
Ver todos los artículos