Ver todos los artículos
17 Mar 2021 | Actividades Lúdicas

SOFÍA CASANOVA. CORRESPONSAL DE GUERRA.

Sofía Casanova, natural de Culleredo (A Coruña), 30.IX.1861 – Poznan (Polonia), 16.I.1958.

Filla natural de Rosa Casanova Estomper, natural de Nova Orleans, e de Vicente Pérez Eguía, natural de San Martín de Valongo (Ourense), que contraeron matrimonio dous anos despois do nacemento de Sofía.

O pai abandonou á súa familia tras o nacemento do terceiro fillo e pasaron a vivir cos avós maternos.

Sofía estudou os primeiros anos nunha escola privada da Coruña, ata que decidiron marchar a Madrid en 1874, cando ela tiña trece anos. Tras o falecemento do avó, foron protexidos polo conde de Andino, Patricio Aguirre de Tejada, e José Pla, ferrolán, quen a presentou ao marqués de Valmar, que a introduciu en palacio na súa condición de novo poeta.

Correspondente de guerra para o xornal ABC durante a Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa. Muller de profundas conviccións, Sofía, que apoiara ao bando nacional durante a guerra civil española, arrepiouse #ante a actuación alemá en Polonia durante a Segunda Guerra Mundial e criticouna duramente nas súas crónicas.

LECTURA.-SUSANA   FIGURANTE.- MARÍA.

 

Ver todos los artículos