Ver todos los artículos
18 Mar 2021 | Actividades Lúdicas

ELISA E MARCELA. PRIMEIRO MATRIMONIO ENTRE MULLERES.

En 1885, Elisa e Marcela coñécense na escola onde traballan. O que comeza como unha gran amizade remata nunha relación amorosa que teñen que vivir ás agachadas.

Como os pais de Marcela sospeitan desta situación, mándana ao estranxeiro, con todo, isto só fai que o reencontro con Elisa sexa máis especial.

A decisión de vivir xuntas e a presión social fanlles trazar un plan: Elisa irá para volver convertida en Mario e poder casar con Marcela.

O 8 de xuño de 1901 casaron na Coruña. Trátase do primeiro intento de matrimonio homosexual de España do que se ten constancia rexistral. ​ Fixérono pola Igrexa católica, na parroquia de San Jorge da mesma cidade.

Posteriormente o párroco descubriu o engano, e foron denunciadas e perseguidas. A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise aos homosexuais españois contraer matrimonio, co que este feito pode considerarse un precedente do matrimonio homosexual en España.

A noticia da súa voda foi difundida por toda España e por varios países europeos.

LECTURA.- SONIA REY.  FIGURANTES.– PILAR E REIMUNDA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos