A Fundación DomusVi, presenta a VI Edición dos seus premios.
Os Premios Fundación DomusVi concedense co obxetivo de recoñecer o compromiso social de persoas e institucións que contribuen a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e en situación de dependencia, e fan do mundo un lugar mellor.
Na presente edición, os Premios están dotados con máis de 50.000 euros.
Os premios entregaranse nun acto presencial que terá lugar no mes de novembro (se a situación da pandemia o permite, se non a gala será online).
O fallo de cada un dos premios será público, comunicaraselle a tod@s @s participantes e difundirase a través da páxina we de DomunVi e dos medios de comunicación.
O ámbito dos proxectos que se presentan aos Premios Fundación debe de estar dentro dunha das seguintes categorías:
- Escolas de educación primaria e secundaría: Os nosos avós.
- Bacherelato-Fp: Mellor traballo ou proxecto sobre as persoas en situación de dependencia (colectivo de persoas maiores, saúde mental e discapacidade).
- Colectivo Maiores: Persoas maiores activas e solidarias.
- Profesionais do sector: Mellor práctica no coidado das persoas.
- Medios de comunicación: Rigor e sensibilidade cara as persoas maiores ou en situación de dependencia.
- PREMIO ESPECIAL á innovación no sector sociosanitario.