Esta semana as nosas persoas residentes traballaron moito, e cunha finalidade moi bonita. A primera, a que vos amoso hoxe; en homenaxe ao día do traballador e da traballadora, 1 de maio, fixeron un lazo nas piruletas que deixaron como detalle para agradecer a todas as personas que traballan día a día para mellorar a súa calidade de vida. Todos os departamentos teñen a súa función, e despois deste ano tan duro, hai que agradecer todavía máis o traballo que fan para que a vida siga avanzando da mellor forma posible, velando polo benestar das persoas residentes e das súas familias.
Dende aquí, quero felicitar, a parte de todas as persoas traballadoras da residencia, a todas esas persoas que cumpren unha función no seu posto de traballo esencial para que todos os ámbitos das vidas das persoas siga mellorando, porque todas e cada unha de nós, somos esenciais para que todo vaia mellor…
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS POLO TRABALLO QUE DESEMPEÑAN DÍA TRAS DÍA.
Por aquí vos deixo fotos dalgunhas das persoas que fan fácil o difícil, e posible o imposible na residencia Domusvi Cangas. Un saúdo moi grande.