O pasado venres no obradoiro de cociña tivemos a sorte de facer pizza italiana para todos/as os/as compañeiros e compañeiras. O obradorio estivo dirixido en todo momento pola nosa querida compañeira Carmen, a cal nos cedeu a súa receita e encargouse de entrar na cociña para preparar a masa e a salsa de tomate. Logo, xa no obradoiro, Carmen e as súas compañeiras montaron as pizzas que máis tarde degustarían todos/as xuntos/as nos comedor.
Carmen é de Canido, pero a idade de 20 anos emigrou a Inglaterra, lugar onde residiu ata a súa xubilación. Alí namorouse dun italiano co que formou unha linda familia. Froito disto, Carmen coñeceu todos os segredos da cociña italiana e inglesa, e converteuse nunha auténtica experta en cociña internacional. Os/as seus/súas amigos/as ingleses disfrutaban da súa comida cada vez que Carmen e Luiggi os convidaban a xantar tortilla española, pasta, pizza e outros moitos pratos.
Dito isto, podedes imaxinar a deliciosa pizza que fixemos e o ben que o pasamos.
Hoxe, Carmen quere compartir con vós a súa receita de pizza italiana, desexando que vos guste moito a todos/as.
RECEITA DE PIZZA ITALIANA ESTILO “CARMEN”
INGREDIENTES:
Aceite de oliva
Auga
Sal
1kg Fariña especial pizza
Tomate enteiro pelado
Ourego
Bonito y/o atún
Olivas sen óso cortadas en toros
Queixo mozzarella en tiras
ELABORACIÓN:
Para facer a masa debemos mixturar a fariña de pizza, una pouca auga tibia, e unha pizca de sal. Amasamos todo ben sen parar durante 3-4 minutos ata que os ingredientes queden ben mesturados e a masa teña unha textura lisa (que non pegue). No caso de que pegue botámoslle una pouca fariña e seguemos amasando ata que quede lisa.
A continuación facemos un bolo coa masa, botámoslle un pouquiño de aceite e deixámolo levedar (aproximadamente 30 minutiños) o que a masa necesite para crecer.
Mentres a masa crece, preparamos a salsa de tomate. Botamos tomate enteiro e pelado (natural ou de bote), un pouco de aceite e ourego (ó gusto). Cociñámolo ben e triturámolo cunha batedora para que a salsa quede perfecta.
Una vez lista a masa, deberemos estirala nunha bandexa cuberta de papel de forno cun pouquiño de aceite.
A continuación botamos enriba da masa a salsa de tomate, o bonito ou atún, as olivas e a mozzarella.
Por último metemos a pizza no forno a 170º (non moi forte) durante aproximadamente 30 minutiños (depende do forno).
Unha vez pasado o tempo, comprobamos que a masa estea ben feitiña e listo!
Rica pizza para gozar como en Italia!
Bó proveito!
#domusviferrol#querocociñarcomoamiñaavoa#