A pintura é unha actividade case diaria que se realiza no centro, e por aquí vos deixo unha pequena pincelada do bo que é pintar; ainda que non nos percatemos moitas veces do beneficio que ten facer algo tan sinxelo como isto.
POR QUÉ É TAN BENEFICIOSA A ACTIVIDADE DE PINTURA PARA AS PERSOAS MAIORES?
A pintura para as persoas maiores é unha terapia ocupacional que pode axudar a mellorar a calidade de vida da persoa. Os beneficios son abundantes, tanto físicos coma mentais, e é por iso que esta actividade é tan recomendable.
- Beneficios de pintar para o cerebro. A pintura axuda a estimular o cerebro, tanto o lado lóxico e racional coma o creativo e emocional. Así, traballase a imaxinación e entrénase o cerebro previndo a aparición de enfermidades coma o Alzheimer.
- Beneficios de pintar para a saúde mental. A concentración é outro dos beneficios da pintura en persoas maiores, xa que as axuda a distanciarse dos problemas próximos e en certa medida de posibles dores físicas que poidan ter. Asimismo, contribúe a mellorar a perseverancia e a resiliencia, dúas aptitudes esenciais para o seu benestar.
- Beneficios de pintar para a autoestima. Realizar esta actividade, dependendo do grao de dificultade, fai que se sintan capaces de realizar unha actividade de forma exitosa, o que as fai sentirse independentes e facer unha boa autocrítica.
- Beneficios de pintar para a motricidade. O uso dos utensilios para pintar axuda a desenvolver o manexo de obxectos pequenos e finos, o que fai que teñan que que combinar destreza muscular coa movilidade ósea e os nervios do corpo. Mellora as conexións cerebrais e mellora os movementos.
- Beneficios de pintar na comunicación. Cando a actividade de pintura se complica, requerindo outro método de pintar ou que a pintura sexa máis complexa, entra en xogo a comunicación e a comprensión da actividade. Terán que comunicarse para solucionar as dudas que teñan, e a maiores, se a actividade se fai en grupo, favorecerá a crear un grupo de conversación entre residentes e residentas.
Por todos estes beneficios, esta actividade realizase moito na residencia e as persoas residentes demandan pintar durante un tempo cada día. Por aquí vos deixo algunha foto mentres pintan e dalgunhas das suas pinturas. Unha aperta moi grande!