Ver todos los artículos
19 May 2021 | Jornadas de divulgación , Noticias

HOMENAXE A XELA ARIAS POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Con motivo da celebración das Letras Galegas, onte estivemos traballando a figura da gran escritora, poeta, traductora, editora e mestra galega homenaxeada este ano, Xela Arias.

Entre as súas obras destacan:

  • Denuncia do equilibrio (1986), Edicións Xerais de Galicia,
  • Lili sen pistolas (1986, obra inédita).
  • Tigres coma cabalos (1990), Xerais; con fotos de Xulio Gil,
  • Darío a diario (1996), Edicións Xerais de Galicia,
  • Intempériome (xullo de 2003), Espiral Maior,
  • Maldito lindo (obra inédita).
  • Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) (2018), Xerais.

Un dos libros más coñecidos e máis persoal é «DARÍO A DIARIO».

» «Darío a diario» foi publicado no ano 1996, e trátase dun libro de poemas adicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade. En palabras da propia poeta: «»Darío a diario» non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca.» 

«A BANDA A LOBA», un grupo de 5 mulleres galegas que mestura pop, blues, flok, rock e sons tradicionais creando un estilo musical,  rinden homenaxe a Xela Arias, poñéndolle música e voz a un dos poemas deste poemario tan persoal «Darío a diario», así como tamén ao poema «Intempériome» do seu derradeiro libro.

Ambas cancións son unha auténtica beleza para os oídos que merece a pena escoitar. Deixámosvos o enlace para que poidades disfrutar de «Darío a Diario»:

#domusviferrol#letrasgalegas2021#xelaarias#bandadaloba#

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos