Ver todos los artículos
31 May 2021 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio , Noticias

DOMUSVI FERROL FESTEXA OS MAIOS!

En DomusVi Ferrol encántanos a tradición e os festexos, e se podemos aunar todo en un…mellor que mellor!

Os maios son unha das tradicións galegas que máis nos gustan, porque simboliza a chegada das frores, da primavera, do bo tempo, das boas colleitas…Desde épocas remotas, os galegos constrúen figuras con elementos naturais como frores, froitas, ovos, paus, verde, etc. para logo cantar arredor delas coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes actuáis. Ourense é a provincia galega que maior tradición alberga e por iso tódolos anos convócase un concurso de maios e coplas.

No noso centro rendemos homenaxe todos os anos a esta gran festa galega, a excepción do ano pasado que tivemos que suspender as actividades pola chegada da pandemia, e o facemos elaborando un bonito maio ao compás da nosa música. E que ven o pasamos!

Vivan as tradicións e vivan os maios!

#domusviferrol#festadosmaios2021#

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos