Ver todos los artículos
31 May 2021 | Noticias

NORMAS COVID RESIDENCIAS 31/05

As medidas que están en vigor actualmente, a día 31 de maio do 2021  nas residencias,  son as seguintes:

  • VISITAS

Permitiranse 3 visitas semanais a cada persoa residente, dunha duración máxima dunha hora cada unha, as cales se establecerán con cita previa, realizarase de forma individual e poderán facelo calquera membro da familia ou persoa achegada á persoa residente.

Permitirase o contacto físico entre a persoa residente e a persoa visitante, sempre coa mascarilla posta e cunha posterior desinfección nas superficies de contacto.

 

  • SAÍDAS
  1. Concello en risco extremo ou alto: 3 saídas semanais (máximo 4 horas cada saída)
  2. Concello en risco medio e medio-baixo: 7 saídas semanais (máximo 4 horas cada saída)

 

  • PERMISOS DOMICILIARIOS

Permitiranse as saídas das persoas residentes a pasar uns días ao seu domicilio, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións: a saída ten que ser como mínimo de 5 díaso concello do seu domicilio non pode estar en nivel de risco extremo; á volta deberá realizar unha proba e antíxenos que se realizará na residencia.

 

O único cambio con respecto ás medidas anteriores son as saídas en concellos de risco medio e medio-baixo, que pasan de ser 5 a ser 7, é dicir, poden sair todos os días da semana.

O concello de Cangas atópase agora mesmo en nivel medio-baixo, co cal, permítense 7 saídas das persoas residentes á semana. No caso de que o concello pasara a nivel alto ou extremo, as saídas veríanse reducidas a 3 á semana.

Un saúdo dende a residencia DomusVi Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos