Un dos retos que nos propoñemos dende a residencia DomusVi Cangas, é facer que as persoas maiores se entendan coas novas tecnoloxías, que é esencial debido ao ritmo co que avanzan actualmente.
A finalidade é utilizar as novas tecnoloxías como medida terapéutica para as nosas persoas residentes. O problema máis grande que nos podamos atopar é que as persoas non se interesen por aprender a utilizalas, pero exporase da mellor forma para que a motivación de aprendizaxe lle chegue a todas as persoas.
Os beneficios que ten o uso das novas tecnoloxías en canto á comunicación son os seguintes:
- Une ás persoas e fai desaparecer a soidade. Axuda a reducir a marxinación, a soidade e a distancia xeneracional.
- Mellora a comunicación cos seres queridos.
- Mantéñense as persoas activas.
- Facilita a búsqueda de amizades.
E se o seu uso é dirixido á terapia, as novas tecnoloxías poden aportar o seguinte:
- Mellora da concentración e da memoria.
- Ocupar o tempo de ocio.
- Aprender cousas novas.
- Prevén a aparición de enfermidades que gardan relación coa falta de estimulación cognitiva.
- Mellora o estado de ánimo cando as persoas maiores son capaces de superar os exercicios
- É unha mellora na calidade de vida.
Por aquí vos deixo algunhas das nosas persoas residentes nos momentos nos que traballan coas novas tecnoloxías. Iremos aplicando cada vez máis este tipo de axuda para as terapias.