Ver todos los artículos
22 Jun 2021 | Agenda de ocio

QUE CHEGUEN AS APERTAS!

O contacto físico é tan importante coma respirar, e isto por que? Pois ten unha resposta moi sinxela, e é porque ten uns beneficios enormes para calquera persoa. Somos un ser vivo que necesita contacto para o seu benestar, e os beneficios que nos aporta son os seguintes:

  • Aumenta a segregación de oxitocina, unha hormona que xenera benestar, e de dopamina, que está relacionada coa mellora do estado de ánimo.
  • Diminúe o estrés e a ansiedade.
  • Mellora a autoestima
  • Aumenta o funcionamento do sistema inmune.
  • Reduce a presión arterial.
  • Mellora a seguridade nunha mesma.
  • Aumenta a serotonina, a gran combatente da depresión.
  • Favorece un estado de relaxación.

Se o trasladamos a persoas maiores, é aínda máis necesario, xa que elas son as que mais o necesitan, e por iso, que cando unha persoa teña a oportunidade de abrazar, de pasar tempo e de sorrir, ten que pensar que está facendo feliz á outra persoa e estalle aportando un gran beneficio.

Temos que ter en conta tamén que o contacto físico pode ser indirecto, como mirarse aos ollos ou sorrir, co cal se liberan emocións, pensamentos ou preocupacións, xérase unha química especial entre as persoas que favorece á empatía e á comprensión.

O contacto físico é o aire da cabeza e do corazón, e é necesario para o desafogo emocional e o benestar psicofísico da persoa.

Sen contacto físico non somos nada, así que aproveitemos, e abracemos ben forte para ter un maior beneficio, deixémonos levar polas emocións, que somos persoas, e sobre todo, amemos ben a todas as nosas persoas maiores que tanto o necesitan.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos