Ver todos los artículos
24 Jun 2021 | Agenda de ocio

SAN XOÁN

Hoxe por fin chegou o día, o 24 de xuño tan esperado, San Xoán, no que despois de taaaanto, tanto tempo, volveron as festas á nosa residencia, grazas á boa xestión da pandemia a nivel global e a nivel individual como centro.

Non se podía comezar o verán e a volta das festas de mellor maneira. Onte, 23 de xuño, fixéronse pola tarde as augas de San Xoán, para comezar hoxe pola mañá lavando todas as persoas a cara con elas, despois de deixalas pola noite fora. Pola mañá fíxose unha tertulia sobre San Xoán, incluindo nela cousas coma; cómo se sentían ao celebrar este día, cómo o facían antes, e outros temas que ían surxindo pouco a pouco.

Xa pasando á tarde chegou a gran festa, sobre as tres e media baixáronse a todas as persoas residentes ao exterior do centro, para poder disfrutar do bo día que facía. Inicialmente amenizouse a merenda ás catro con música e charlas entre residentes, de éstes co persoal, e incluso coas visitas que disfrutaron tamén da tarde. Cando rematou a merenda queimouse a sardiña que se fixera os pasados carnavais nunha fogueira, para finalmente rematar cunha actuación dun dúo con acordeóns.

E… Iso non é todo! Para rematar a tarde, bebeuse a queimada e cenáronse sardiñas, pan de millo e empanada, o día foi fantástico, 10 de 10, e esperamos que a partir de agora poidan celebrarse máis días coma este.

Por aquí vos deixo algunhas fotos do día! Un saudo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

8 comentarios en “SAN XOÁN

    Ángeles

    (25 de junio de 2021 - 16:56)

    Que alegría volver a la normalidad, 👏👏👏 ya hacia mucha falta.

      Equipo DomusVi Cangas

      (25 de junio de 2021 - 17:39)

      ¡Sí! Al fin se puede ir retomando la vida normal poco a poco… Estamos muy contentos y contentas por ello, para el máximo disfrute posible.

    Seila

    (25 de junio de 2021 - 18:52)

    Enhorabuena! Una fiesta preciosa

      Equipo DomusVi Cangas

      (26 de junio de 2021 - 20:19)

      ¡Muchas gracias! Seguiremos así

    Nina

    (25 de junio de 2021 - 19:34)

    Me emociona verles volver a la normalidad después de tanto tiempo y tanta angustia que hemos pasado. Alegría.

      Equipo DomusVi Cangas

      (26 de junio de 2021 - 20:21)

      A partir de ahora seguiremos trabajando para recuperar la vida anterior a la pandemia… Por las personas residentes, que tanto lo necesitan

    Antonio Pazos

    (25 de junio de 2021 - 19:46)

    ¡¡Que este sea el comienzo de dias de alegria,otra vez!!
    Gracias equipo Domus por vuestro trabajo .

      Equipo DomusVi Cangas

      (26 de junio de 2021 - 20:22)

      Gracias a ti por seguir confiando en nuestro trabajo, un enorme saludo!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos