Hoxe hai dúas novas que comunicar que seguramente vos agraden moito, que teñen aplicación directa dende mañá, sábado 26 de xuño, e son as seguintes:
- Non existe xa restricción de idade para as visitas, co cal, as persoas menores de idade xa poden vir.
- As persoas residentes non teñen que utilizar xa a mascarilla, nin no interior nin no exterior da residencia. Pero hai que destacar que tanto as visitas coma as persoas traballadoras estamos obligadas a usar a mascarilla no interior da residencia. En canto ao exterior, como ben impon o Goberno a norma dende mañá, non é obrigatoria, co cal as visitas non teñen por que tela posta, ainda que sí se recomenda, porque nunca está de máis, e hai que recordar que a pandemia todavía existe… Toda precaución é pouca. As persoas traballadoras seguiremos usando a mascarilla tanto no interior como nas instalacións ao aire libre do complexo da residencia.
Por outro lado, con respecto a organización do centro, deixarán de enviarse as mensaxes diarias por «Whatsapp» do bo estado de saúde da familiar. A partir de agora farase como se facía antes da pandemia, o médico porase en contacto telefónico coa familia da persoa se esta tivese algún problema de saúde ou calquera outro profesional por calquera outro motivo. En caso de non recibir chamada algunha significa que todo vai ben.
Un enorme saúdo dende o departamento de Animación Sociocultural, que todo vaia ben, e estamos aquí para o que necesitedes.