A lectura de prensa é unha das actividades diarias do centro, sendo esta unha das máis indispensables, necesarias e que máis interés aporta ás persoas residentes. Ten lugar de luns a venres de 11.45h a 13h, antes da ximnasia e os fines de semana cando o Animador Sociocultural se atopa no centro. Despois de ler en grupo a prensa, pola tarde, as persoas residentes que así o queiran, disporán de un tempo de lectura individual da mesma no lugar que queiran da residencia. Esta é unha das actividades que nunca debería desaparecer dende o punto de vista da Animación Sociocultural en centros de persoas maiores, xa que aporta moitas cousas positivas.
A todas as persoas nos gusta estar informadas, e por iso se lle dedica algo máis dunha hora para ler detidamente a prensa cada día, xa que serve para manter un contacto coa realidade social na que viven (do pobo, da provincia, do país, sucesos deportivos, políticos, sociais, económicos…). A maiores, a lectura dun artigo, pode dar lugar a opinar sobre o mesmo e manter un diálogo sobre diferentes puntos de vista ao respecto.
O obxectivo da actividade é traballar a atención, o pensamento crítico, a integración de xente nova ao centro, a interacción entre persoas residentes co fin de afianzar amizades, a orientación, a memoria, a linguaxe… Facendo así que se sintan partícipes da realidade social actual que as rodea. O que se busca sempre con este tipo de actividades é o benestar das persoas residentes.
Un saúdo dende o departamento de Animación Sociocultural de DomusVi Cangas.