Boas tardes, dende o departamento de Animación Sociocultural do centro DomusVi Cangas queremos animar a todas as persoas familiares a participar nunha actividade que garda relación co luns que ven.
O 26 de xullo é o día dos avós e das avoas, co cal, a idea é que os netos e as netas das nosas persoas residentes fagan un debuxo ou escriban unha carta para elas, para que así, poidan ter un empuxón máis de felicidade no seu día a día, e máis, nestes momentos de pandemia no que nos atopamos da quinta ola.
As cartas ou os debuxos deberán ter escrito o nome e os apelidos da persoa á que vai dirixida para que non se mezclen con outras. O límite de entrega dos documentos serán o luns 26 de xullo ás 17h.
Hai dous métodos dispoñibles para deixar os debuxos ou as cartas:
- Deixalo na recepción do centro.
- Enviar un correo electrónico coa carta escrita, ou o debuxo escaneado ou fotografiado á seguinte dirección: tasoc.cangas@domusvi.es
Un saudo, calquera dúbida podedes consultarme no mesmo correo electrónico ao que enviaredes os documentos, e intentarei contestar coa maior brevidade posible.