O primeiro de todo, moitísimas grazas dende o equipo de DomusVi Cangas a todas as familias que participaron na iniciativa levada a cabo polo departamento de Animación Sociocultural, estamos moi contentos e contentas cos resultados obtidos nun día tan importante como foi onte, no que todas as persoas nos acordamos dos nosos avós e das nosas avoas que tanto cariño merecen; ainda que si é certo que non hai que marcar un día para expresar todo o que as queremos, senón que debe expresarse o cariño calquera día do ano, co cal, o correo de Animación Sociocultural do centro (tasoc.cangas@domusvi.es) queda á vosa disposición por se algún día queredes enviarlle ás persoas residentes calquera carta, foto ou debuxo, para que non haia impedimentos de distancia nin doutras causas polas que poidamos estar cerca delas como o COVID-19.
No referido ao día de onte, entregáronse todas as fotos, debuxos, vídeos e regalos que se lle enviaron ás persoas residentes a partir das 17h, e dende esa hora ata as ceas, as emocións afloraron a puxéronsenos os pelos de punta ao observar todas as bágoas de alegría e toda a felicidade que expresaban as caras das persoas residentes.
Despois do día de onte, só nos queda seguir traballando para as nosas persoas, polo seu benestar psicofísico. Por aquí vos deixo algunhas fotos das persoas residentes no día de onte, un saudo moi grande, e seguiremos tendo iniciativas relacionadas coa familia, que sempre agradan moito para a saude mental.