En agosto e en xaneiro non tomes o sol sen sombreiro…
Agosto xa está á volta da esquina, ese mes que soe traer unhas calores intensas, e como non, este mes celebran os seus aniversarios 14 das nosas persoas residentes, esas que son tan frioleiras… Este mes celebraranse os aniversarios o día 27 de agosto, que é o último venres do mes. Celebrarémolos da mellor forma posible e subiranse fotos das personas que cumpran anos o mesmo día da celebración ao blog nun post novo, para compartir con vós a celebración, na medida do posible.
As 14 persoas que están de aniversario son as seguintes:
- Benigna Collazo
- Dolores Paz
- Angelita Freire
- Manuel Rodríguez
- Carmen Cidrás
- Carmen Táboas
- Ángela Lemos
- Emilio de Vicente Martínez
- Divina Chapela
- Bienvenido Fernández
- Carmen Fernández
- Soledad Tiedra
- Tomás Jesús Gutiérrez
- Alejandro Pérez
Unha aperta moi forte dende o Departamento de Animación Sociocultural DomusVi Cangas.