Ver todos los artículos
13 Ago 2021 | Agenda de ocio

HORARIOS ACTIVIDADES ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

A petición dalgunhas familias, adxunto un cuadro con todas as actividades levadas a cabo polo departamento de Animación Sociocultural. Recordade que na aplicación de DomusVi que podedes descargar para o teléfono móvil, poderedes acceder ao que fai a vosa persoa residente durante o día, xa que se amosa toda a actividade diaria que ten rexistrada.

Recordade que isto é un horario semanal que pode sufrir cambios se dende o departamento se considera que debe haber outras actividades, como poden ser paseos cando fai bo tempo, festas, días festivos, etc.

Tamén hai que ter en conta que non só teñen actividades por parte do departamento de animación sociocultural, senon que tamén as hai por parte dos departamentos de fisioterapia e psicoloxía, que completan o calendario diario de cada persoa.

Calquera dúbida non dubidedes en porvos en contacto conmigo, por aquí vos deixo o meu enderezo electrónico:  tasoc.cangas@domusvi.es . Podedes tamén solicitarme na residencia para falar daquelas cousas que teñades dúbidas con respecto ás actividades do centro, ben presencialmente ou chamar por teléfono.

Un saudo, por aquí vos deixo o documento das actividades semanais de luns a venres.

Horario Actividades Semanales DomusVi Cangas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos