Marzo e setembro son coma irmáns: un dille adeus ao inverno e o outro ao verán
Comezamos setembro con mal tempo… Pero ao mal tempo, boa cara. Este mes temos a 11 persoas residentes de aniversario, e celebraranse o derradeiro venres, o 24 de setembro. Celebrarémolos da mellor forma posible e subiranse fotos das persoas que cumpran anos durante o mes no día da celebración ao blog cun post novo, para así compartir con vós a celebración na medida do posible.
As 11 persoas que están de aniversario son as seguintes:
- Josefa Marcos
- Jesús Rodríguez
- Vicente Casal
- Julia Portilla
- Rosa Pájaro
- Armando Domínguez
- Constantina Prieto
- Iberia Curro
- María Piñeiro
- Delfín Fraga
- Josefa Estévez
Un saúdo dende o departamento de Animación Sociocultural DomusVi Cangas, que pasedes un bo setembro.