Incorporaranse nas próximas semanas actividades que garden relación cos coidados das plantas e da horta. Farase de maneira progresiva e iranse rotando as persoas residentes para facer este tipo de actividades ao longo do tempo. Iniciaranse con actividades sinxelas como regar as plantas da residencia cando lle toque e iranse poñendo novas actividades, ata poder chegar a coidar da horta da residencia coa axuda de moitas persoas residentes, e que así, todas se sintan implicadas nunha tarefa que require algo de tempo, colaboración e interese.
Moitas das persoas residentes creceron nun entorno rural no que tiñan moito contacto coa natureza e o traballo do campo, e é unha oportunidade para volver a vivir momentos pasados. A actividade tamén nos axudará a traballar a estimulación cognitiva e a evitar o sedentarismo, xa que é unha actividade que require movemento físico.
Algunhas das características positivas son as seguintes:
- Responsabilidade e concetración.
- Actividade física.
- Traballo creativo que favorece á memoria.
- Autorrealización.
- Foméntase o traballo en equipo.
- Xenera un entorno agradable.
- Concienciación de alimentación saudable.
- Favorece o envellecemento activo; é un dos puntos máis importantes, xa que dende a residencia inténtase que as persoas residentes poidan ter un amplo abanico de actividades coas que poder entreterse e estar a gusto, para así ter unha vida activa, e non sedentaria tanto física como mentalmente.
Seguiremos traballando dende o departamento de Animación Sociocultural para que as persoas residentes teñan cubertas todas as suas necesidades de ocio, un saudo.
2 comentarios en “XARDINERÍA EN FAVOR DO ENVELLECEMENTO ACTIVO”
Antonio Pazos
(7 de septiembre de 2021 - 09:46)Me parece una idea excelente.Combatir el aburrimiento de los residentes mejorará su estado anímico,sin duda.Es una de las quejas que a veces me dá mi madre.
Equipo DomusVi Cangas
(7 de septiembre de 2021 - 11:31)Sí, la idea siempre es adaptar los gustos y necesidades de todas las personas residentes para que encuentren una actividad a su gusto, ¡un saludo Antonio!