Na residencia unha das actividades indispensables cada semana é a musicoterapia, que chega a todas as persoas residentes que queiran disfrutar dun bo rato escoitando música de todo tipo, como pode ser música clásica, boleros, artistas como Manolo Escobar ou Isabel Pantoja… e calquera canción ou música que sexa do gusto das nosas persoas residentes.
Na planta 1 é os martes pola tarde cando se disfruta dun bo rato de música, na planta 0 os luns a primeira hora da tarde e na parte de psicoxeriatría os xoves a partir das tres.
A musicoterapia defínese como a utilización da música e os seus elementos para promover e facilitar a comunicación, as relacións, o aprendizaxe, o movemento e as expresións satisfacendo así as necesidades físicas, emocionais, mentais, sociais e cognitivas das persoas.
Os beneficios que atopamos ao realizar este tipo de actividad son as seguintes:
- Aumenta a capacidade de aprendizaxe
- Mellora a orientación
- Aumenta a capacidade de atención e concentración
- Estimúlase a comunicación e a linguaxe
- Relaxación e disminución da ansiedade
- Aumento de interacciones sociais
- Mellora da autoestima
- Prevención do aislamento
Departamento de Animación Sociocultural.