Hoxe en DomusVi Ferrol, traballamos a educación en valores, a partir dun obradoiro cos residentes.
O traballo deste obradoiro ven a colación dos valores promovidos pola Semana do Detalle, que a empresa utilizou para recalcar unha serie de ideas, nas que en DomusVi Ferrol cremos firmemente e intentamos poñer en práctica
Un dos nosos principais valores é o da participación social das persoas maiores e a eliminación das condutas paternalistas, facéndoos sempre parte implicada das actividades que se desenvolven no centro,polo que a partir deste obradoiro de educación en valores traballamos con eles/as o que a semana anterior se trasladou ás traballadoras.
A empatía, o espíritu pioneiro, a confianza, as emocións,…foron algúns dos temas que se recolleron nesta pílula formativa.