Ver todos los artículos
12 Nov 2021 | Actividades Lúdicas

¡¡CHEGOU O MAGOSTO!!

O día 10 de novembro celebramos en DomusVi Pereiro unha festa típica en Ourense, O Magosto.

Esta celebración quixemos que fose moi especial para os e as residentes, xa que despois de tanto tempo pudemos volver celebrar estas festas como se facían antes. Eso sí, gardando sempre as medidas sanitarias establecidas pola covid-19.

É por isto que, invitamos a todas as familias, para que puideran desfrutar cos seus seres queridos dunha velada espectacular, na que non fatou a música, o bolo preñado co seu chourizo, viño e non podemos esquecernos do postre, as deliciosas castañas.

Ademáis, para que todo estivese acorde coa festividade, os nosos e nosas residentes pintaron diversos debuxos que decoraron a carpa.

Por último, ao final da celebracion, regalámoslle as familias unhas cuncas de barro feitas pola Alfarería Cabana, situada en O Ichó (Niñodaguia), Xunqueira de Espadañedo, e que pintaron ao seu gusto os e as residentes.

Adxuntamos foto de todo a continuación.

Esperamos que pasaran un BO MAGOSTO.

Un saúdo.

Ver todos los artículos