O 25 de novembro é o día internacional pola eliminación da violencia cara as mulleres; este día simboliza a loita diaria que os colectivos feministas realizan para conseguir a igualdade plena e que as inxustizas desaparezan; pero tódolos días asasinan a mulleres no mundo, simplemente polo feito de ser mulleres; dende DomusVi Ferrol un dos nosos eixes transversais é a igualdade de xénero e a loita contra as violencias.
Este poema de Lúa Mosquetera, axudounos a traballar moitos puntos da realidade, esta realidade escandalosa coa que temos que lidiar.
A historia de Úrsula Bahillo ensínanos o verdadeiro drama de tantas e tantas historias que a diario temos que vivir.