Ás veces non nos damos conta da importancia que teñen os pequenos detalles da vida, e neste caso, hai que remarcar o importante que é que unha persoa esté orientada en espacio, tempo e persoalmente.
Neste caso, a terapia de orientación á realidade é unha desas terapias que máis desapercibidas pasan; consiste nun conxunto de técnicas que teñen como obxectivo orientar á persoa en espacio (onde está), tempo (ano, día da semana, mes, estación…) e respecto á súa propia persoa. Traballar nestas tres dimensións é esencial para crear un maior sentimento de seguridade, de autocontrol, aumento da autoestima, mellor estado de ánimo, previr o avance do deterioro cognitivo…
Como profesionais que traballan coas nosas persoas maiores, o noso obxectivo é que non perdan contacto coa realidade e estén sempre conectadas coa mesma.
Como o facemos? Pois a resposta é moi sinxela, con actividades diarias que calquera persoa pode realizar; o uso de reloxes e calendarios (pregúntase todos os días en que día estamos, mes, ano, hora…), orientación mediante festas extraordinarias (Nadal, Samaín, carnavais…), mediante a lectura de prensa con noticias de actualidade, actividades de reminiscencia, actividades de memoria…
Toda actividade que se realice ten a súa importancia e obxectivo, e por moi simple que pareza, sempre está pensada no benestar das persoas residentes.
Seguiremos facendo en actividades novidosas para elas! Moitas das nosas persoas residentes xa comezan a ter un bo manexo de aparatos electrónicos como as tablets coas que traballamos! Increíble que con tantos anos e con algo que lle queda tan lonxe se poidan comezar a entender.
Un saúdo dende o departamento de Animación Sociocultural.