As nosas persoas residentes xa se están preparando para o 14 de febreiro e xa dedicaron unhas palabras de amor para San Valentín!
Isto supón un exercicio moi positivo para a sua capacidade comunicativa, xa que require identificar un sentimento e acceder ás palabras correctas para transmitir unha mensaxe.
Ademais, decidíronse a decoralo, e isto axuda non só a manter a sua creatividade activa, senon tamén a concentrarse e disminuir o estrés.
Quedaron moi satisfeitas co seu traballo, o que inflúe directamente na súa autoestima.
As nosas residentas son todo AMOR!
Dende o departamento de Psicoloxía e o departamento de Animación levamos realizando durante toda a semana actividades relacionadas co 14 de febreiro e preparando xa o entroido!
Un saudo de parte dos dous departamentos.