Hoxe é 14 de febreiro, día dxs namoradxs, e dende a residencia DomusVi Cangas estivemos adicándolle tempo ás actividades da semana pasada e do propio día. Dende actividades orais máis relaxadas ata todo tipo de manualidades; flores de papel, colares de corazóns, un mural…
Sempre é bonito sacarlle un sorriso ás nosas persoas residentes, e nun día marcado no calendario como é hoxe máis todavía. Desfrutaron moito, que é o que conta, e beneficiáronse e pasárono moi ben. Por aquí vos deixo algunhas fotos das actividades!
Un saúdo dende o departamento de Animación Sociocultural.